Creo que xa ía sendo hora de escribirche a ti. Levaba moito tempo poñéndome excusas para non falarche publicamente, para non decir a verdad que levo gardada durante xa case catro meses e así aforrarme soltar algunha que outra bágoa.
E é que te boto de menos, mamá.
Ía sendo hora de dar a cara e afrontar que non souben aproveitarte durante todos os anos que puiden, e agora a idea de que estiven desperdiciando o tempo parece que me volve tola. Somos moi parecidas por moito que teñamos as nosas diferencias, que é o que nos fai darnos de cabeza unha coa outra máis veces das que nos gustaría. E dirás ti, Esteliña, parece que solo falas de que descutimos, e non, non tes razón por moito que me vaias vir cos teus argumentos de muller que xa pasou por todo, esta vez non tes razón, pero a min gústame empezar pola parte amarga.
Gustábame discutir contigo, mamá. Ou polo menos agora pensoo
así, que mataría por volver a poñerme vermella da rabia cando non me queres dar a razón porque simplemente non a teño. Cantas veces tiven que facerche caso, e cantísimas veces non cho fixen. E síntoo, mamá, sinto haberche dado tantas dores de cabeza dende sempre, sinto non ser unha rapaza fácil, sinto moitísimo todas as veces que te fixen chorar. Créeme que nunca quixen facelo, xamáis quixen ser así de rabuda, pero simplemente son, e aínda que coste creer, intento cambiar. (Espero que se me notase un pouquiño polo menos).
A veces estar aquí é complicado, mami. Ben sabes que por nada do mundo me quero volver, que levaba ben tempo sin sentirme tan a gusto, pero eso non quita que haxa días malos. Poucos, pero habelos hailos, como as meigas. A diferencia é que non estás aquí para lerme a expresión sen necisidade de palabras, para darme un abrazo que me calme ou levarme a tomar algo para despexarme a cabeza.
Joba, mamá, daste de conta de cantos momentos vivimos xuntas? Eu sígome acordando de cando me preguntabas as leccións durante primaria e me facías saberme os exemplos ao pé da letra, razón pola que os meus métodos de estudios sempre foron a mellor, porque dende pequena ti sempre me instruiches ben. Tamén recordo cando me fixeches tirar unhas sandalias de tacón que tiña aos sete anos, pero a min gustábanme tanto que as escondera na buardilla. A verdade non me acordo como rematou a historia, pero supoño que me olvidaría deles, como suele pasarme con todo. Montar o árbol de navidad, os regalos dos reyes cada ano nun lugar diferente, descubrir a porta a miles de mundo a través dos teus libros, e moitas leccións sobre a vida indo da túa man.
Tiñas razón, mamá, perdín o tempo en quen non o merecía, chorei por cousas que non merecían os meus mocos, e si, arrepíntome. Tiñas tanta razón, mamá...como sempre. Por qué che gusta tanto ter razón? Non podes parar, eh?
Sinto terche que dicir isto, pero a túa nena está máis que preparada para seguir abríndose as portas a si mesma, aínda que sexa a cabezadas. Con isto non estou decindo que non te necesite, senon que espero que se algunha se me resiste, veñas e me digas que en lugar de darlle coa cabeza, use a manilla, que para eso está.
Ti sabes mellor que nadie como facerme reír, aínda que Noel vaiche ao pique. Ti eres a miña mellor amiga, mamá, nunca vou confiar en nadie como confío en ti, nunca vou atopar ningún hombro no que chorar mellor que o teu e unha compañeira de alegrías que me manteña cos pes na terra mellor que ti.
Déchesme a vida aquel tres de marzo do noventa e oito, e séguesma a dar día a día coa tua sonrisa e quítasma un pouquiño cada vez que te vexo triste.
MAMÁ, QUE ERES A MIÑA HEROÍNA. Non podo ter un mellor exemplo para seguir, e sei que de pouco sirve escribirche todo esto aquí se despois non o demostro, pero demostrareino mamá.
Gracias por tanto e perdón por tan pouco, jefa.
Hoy vas a descubrir que el mundo es solo para ti
que nadie puede hacerte daño, nadie puede hacerte daño.
Hoy vas conquistar el cielo
sin mirar lo alto que queda del suelo.
Hoy vas a ser feliz
aunque el invierno sea frio y sea largo, y sea largo.
Hoy vas a conseguir
reír tanto de ti y ver que lo has logrado.
que nadie puede hacerte daño, nadie puede hacerte daño.
Hoy vas conquistar el cielo
sin mirar lo alto que queda del suelo.
Hoy vas a ser feliz
aunque el invierno sea frio y sea largo, y sea largo.
Hoy vas a conseguir
reír tanto de ti y ver que lo has logrado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¡ Gracias por comentar y leer !