Credes na maxia?
Desilusionaríame moito que alguén agora mesmo, lendo isto, teña dezasete ou setenta e un anos dixese que non, pois a maxia naceu con cada un de nós. Desde entón estamos feitos dela, por moito que conforme medramos intenten facernos crer que todos estamos feitos da mesma pasta, que non somos especiais.
Sómolo. Dentro de cada un de nos, desde o mesmo día que viñemos ao mundo vive unha maxia diferente, que pode esconderse e non querer ver a luz do sol nunca máis, pero que, tarde ou cedo, teremos que deixala saír.
Non só a atopamos nas persoas, que é onde mellor se esconde, pois gústalle estar en cada latexo do corazón, en cada momento que nos deixa sen alento, en cada bico, en cada carreira, en cada despedida...pero que hai da maxia do outono? As follas das árbores tornan as cores, pasando por todas as fases da mesma vida, dende o enerxético verde da xuventude, ata o cansado e sabio cor cobre cando a vida está a punto de írsenos.
A maxia, presente en cada mirada entre dous descoñecidos que desexarían coñecerse, no arrecendo do pelo de túa nai, nas mans fortes de papá, e na risa indomable do cativo da casa. A maxia, que sempre fai mellores eses abrazos de despedida, esas lágrimas no rencontro despois de meses, esa forza necesaria para correr os últimos cen metros.
A maxia, que te fai atoparte a quen nunca imaxinaras cando menos te esperas, que deixa que as cartas se barallen soas, dándoche tantos momentos bos coma malos, pero sempre ensinándoche a parte fantástica de ambos.
Para ser sinceros, a verdade é sempre unha ilusión, polo que a peor decisión que podemos tomar é decidir ver a vida cos ollos dunha persoa maior.
Non quero dicir con iso que os adultos non teñan maxia, senon que os nenos saben mellor como aproveitala.
Desa rapaza que sempre mirará o mundo con ollos de nena pequena, a ese mago que lle ensinou a disfrutar da maxia do momento.
Grazas.
Increíble relato coma sempre e increíble vídeo! Grande Estela e grande Álex (?)
ResponderEliminarMoitas grazas! Espero que a maxia correse dentro de ti tanto lendo o relato como vendo o vídeo do gran mago Álex.
EliminarUn saúdo!
Grazas por compartir tantos momentos e tan especiais con nós! Bicos!
ResponderEliminarO pracer é meu ao saber que vos os desfrutades.
EliminarMoitos bicos!
Me estoy aficionando a leer tu blog , me hablo tu padre de el cuando fuimos pasar estas fiestas en Roimil , y la verdad, tu padre se quedo corto elogiandote , yo estoy escribiendo uno de poesia como principiante pero reconozco que me ganas ,por mucho,sobre todo por tu edad no cambies y sigue tus sueños un saludo desde Villagarcía de arosa .
ResponderEliminar¡Hola! Muchas gracias por tu comentario, y me alegro de que te haya gustado el blog.
EliminarSin duda, me pasaré por el tuyo, aunque he de admitir que la poesía no es mi fuerte.
Un saludo desde el otro lado del charco!