que unha persoa non morre definitivamente mentres que alguén se lembre dela, que todos ficamos vivos dalgún xeito na memoria dos seres que nos quixeron."
A entrada de hoxe, é especial, non só polo feito de estar escrita na miña lingua materna, o galego (pido perdón adiantadamente polos lectores que non poidan entendela). Tamén é especial porque falo dun deses libros que te deixan marcado, que o acabas de ler e te sintes unha nova persoa, con ilusións renovadas e con ganas de facerlle ver ao mundo que non nos vai chegar o tempo para descubrir todas as increíbles oportunidades que nos brinda a vida, só polo feito de vivir.
Falo de "O único que queda é o amor", de Agustín Fernández Paz.
Teño que dicir que ao ser o meu escritor favorito xa me esperaba disfrutar do libro, pero o título, para os que non leestes nunca a Agustín, hai que dicir que xa nos invita a lelo e disfrutalo.
En dez relatos curtos, podremos descubrir os fios que unen as vidas da xente, a ledicia do amor correspondido, e a amargura dos desenganos. O vacío que se sinte ao perder a túa metade, e o desespero de saber que está cerca aínda que ti non a atopases aínda.
E como xa dixen ao principio, esta é unha entrada especial, para un libro especial, pero tamén quero que sexa para unha persoa especial. Unha persoa que me acompaña desde hai meses e que pouco a pouco me está facendo descubrir todo iso do que Agustín fala. Grazas por aparecer, Álex, e grazas por quedarte.
Que relato foi o que máis che gustou?
ResponderEliminarhttp://bolboretasdanzareiras.blogspot.com.es/