miércoles, 24 de diciembre de 2014

Carta de Nadal

Fai dous anos falando con meu pai, díxome que a veces o Nadal era duro porque botabas máis de menos a quen non estaba. Tal vez non foras esas as palabras, pero ese era o significado.
Hoxe, dous anos despois e sen ser unha "nena de Nadal", xa que non é unha época que signifique tanto para min como para outras persoas, eu sinto esa falta.
Non me canso de dicir que estou moi ben aquí, que atopei un lugar para min, para vivir algo que levaba moito tempo buscando. E si, atopei outra familia, pero a de verdade... a de verdade está moi lonxe de min.
Papá tiña razón, e supoño que por primeira vez en moito tempo o Nadal ten un sabor menos doce e incluso lle atopo más importancia que nunca.  Teño moitas ganas de vivir estas festas aquí, con toda a importancia que lle dan, as miles de luces nas casas, as árbores do tamaño de un xogador de baloncesto (ou máis) e as galletas feitas na casa e decoradas. É moi especial.
Pero eu póñome a pensar, porque non, a cabeza non para, e sei que hoxe é a cena de Nadal na casa dos abuelos coa cheminea acesa e con esas conversas na mesa comendo turrón e bebendo uns viño e outros Coca-Cola, e para que mentir, vouno botar de menos. 
Conforme eu fun medrando e Noel tamén, estas fechas volvéronse menos máxicas ano tras ano, pero dende hai un tempo atopo en min a esa nena que sempre fun, e non paro de voltar a vista atrás a cando papá e mamá escondían os regalos o dia de reis, ou toda a familia abrindo os que Papá Noel deixara en Noiteboa. E agora que me poño a pensar, acórdome da primeira Nintendo que tiven, cando tiña sete anos ou menos.
Que materialista fun sempre, e que pouco me dei de conta ata que cheguei aquí. Porque este ano tamén vou ter regalos aquí, pero doume de conta de que o regalo máis grande é que me traten coma unha máis da familia, que me digan que se alegran de terme con eles agora que os meus dous irmáns maiores non pasan as festas na casa e que lles dou alegría. ¿Qué máis lles vou pedir?
E sigo pensando, e vexo todos os regalos que a miña familia e amigos me deron durante todos estos anos e o pouco en conta que llo tiven. Eses bicos da abuela Lourdes que parecía que me ía arrancar media bochecha, ou o coello cando íamos o día de Reis (Yoha, se lees esto, saqueille foto ao móvil), axudar na casa a preparar a cea de Noiteboa, ver os nenos da lotería cantar os números e bromear con que "este ano facémonos ricos", ver a tele co piollo no sofá...
¿Sabedes que vos digo? Que eu son rica e sempre o vou ser dándome de conta do ben rodeada que estou.
O Nadal é para estar en familia, e eu estou en familia vaia a onde vaia, porque a familia sempre ven conmigo por moi lonxe que me dé por ir. E os amigos tamén.
A vos, que sodes esa familia que tiven a sorte de elexir e de que me elixiran, quero darvos as grazas por tantos anos compartidos, que agora póñome a pensar e mirade se choveu xa dende que estamos xuntos... pasamos de celebrar os cumpleanos no xardín de detrás da casa a saír por Melide por moito que chova, neve ou veñan ventos de 90km/h, salir hai que salir. 
E grazas tamén a esas persoas que non levades toda a vida ao meu lado, pero que chegastes polo menos coa intención de quedarvos,e que espero que así sexa.
Grazas tamén a aqueles e aquelas que se foron, que decidiron que o seu lugar non estaba ao meu carón e que ao menos tiveron a forza de admitilo. Grazas por ser honestos, é algo que escasea hoxe en día.
Eu quería escribir unha carta por Ano Novo, e escribireina, pero esta "Carta de Nadal" levaba xa uns días pedindo saír.
Non importa o lonxe que estedes, non importa o tempo que levemos sen falar: con vos en min, todos os días é Nadal.

Felices Festas!
2012, Friol, Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡ Gracias por comentar y leer !