Supoño que o que menos esperaba é que che escribise unha "carta" en público. Supoño que non te esperabas nin que che escribise unha carta antes de Nadal.
Supoño que nin eu mesma o esperaba.
Pero Nole, hoxe apetecíame moito falar contigo, e como ahora mismo é moi tarde en Friol, só puiden escribilo aquí e compartir esto con todo o mundo, pero esto é para ti, meu ruliño.
Hoxe apetecíame moito falar contigo porque te boto de menos, aínda que eso xa o sabías, (ou eso espero!). A miña vida volveuse máis tranquila desde que estou aquí, pero máis tranquila non quere dicir mellor, nin máis feliz, nin nada, simplemente quere dicir eso: máis tranquila.
Pero creo que non me acaba de gustar esta vida tranquila sen ti. Porque Noel, nadie ven á miña habitación cada noite e asoma o nariz para preguntarme si pode durmir conmigo xa sabendo a resposta... ¡cantas veces me enfadaches para que non che deixara durmir conmigo, eh traste! E ahora, antes de durmir, case me parece escoitar os teus pasiños subindo as escaleiras..
E cando vou no coche, Noel, quedo durmida! Pero bueno, como sempre, xa sabes, poño os cascos nas orellas e ala, a roncar! Pero cando desperto e miro ao meu lado, boto de menos atoparte coa boquiña aberta e todavía durmido, e non terte aqui para despertarte e facerte rabiar.
¡Cómo boto de menos facerte rabiar! E facerche cosquillas na cama antes de durmir, e que berres, e que rías, e que mamá teña que entrar na habitación enfadada (aínda que os dous sabemos que moi enfadada non, que nunca nos castiga) para mandarnos calar. Aínda que moito caso non lle facemos, ¿verdad? Porque ti sempre volves a picarme, e eu sempre acabo facéndote chorar da risa, non porque me guste verte chorar, pero encántame oírte reír, Nole, a túa risa é a miña canción favorita.
Boto de menos xogar á Wii xuntos, canto tempo hai que non xogamos á Wii? Antes non parábamos! Ou á Play , a ese xogo dos muñecos, no que eu me poñía como unha tola si perdíamos, acórdaste?
Ai, Nole, boto moito de menos falar contigo e que me contes quen ganou o partido, se quinto ou cuarto (aínda que este ano será quinto e sexto, non?), boto de menos que me expliques cousas de tenis que, aínda que che digo que as entendo, moitas veces sigo sin entendelas, pero xa sabes que eu no tenis...pois cóstame! Pero para eso xa tes a mami e a papi, eles xa entenden por min!
Boto de menos ir a verte xogar, e arrepíntome moito de non haber ido a máis partidos, pero prométoche que á volta irei a todos os que poida, e non hai excusa que valga. Estou moi orgullosa de ti, campeón, porque si, ti para min xa eres un campeón, ben podes non volver coller unha raqueta na man, que campeón é máis que ganar partidos e torneos, campeón e non deixar de soñar e de pelear, e ti nunca nunca vas deixar de facelo, verdad? Claro que no, eu xa sei que no, porque eres un rabudo, que cho digo sempre.
Boto de menos ver Castle xuntos, e quedarnos hasta muy tarde vendo Mentes Criminales. Boto de menos escoitarte falar coma unha cotorra, que nadie pode negar que somos irmáns, xa non só porque me din que ti eres coma min pero sin a peluca, senon porque non calamos nin debaixo da auga.
Ai, Noel, que te boto moito de menos, moito. Que vexo que o tempo se me escapa das mans e que ti estás medrando e eu non podo máis que verte medrar, pero que sepas que ti sempre vas a ser o meu neno.
Si, sempre, incluso cando teñas 80 anos e o pelo blanco! Ti sempre serás o meu neno por moito que calces máis que eu ou me ganes en todas as carreiras. Sempre serás o meu neno aínda que teñas un corazón que non che cabe no peito. Sempre serás o meu neno aínda que vaias a ser máis alto e máis forte que eu, pero nunca máis maior!
E xa me teño que ir despedindo, Nole, que me quedou a carta un pouco larga, pero que eu necesitaba decirche todo esto para que non te olvidaras.
Eres o mellor irmán do mundo, o homiño da miña vida e a quen máis quero e vou querer nunca. E como xa che dixen moitas veces, por moi lexos que che poida parecer que estamos, eu sempre estou moi cerca de ti, cariño, e sempre te vou protexer, porque eso é o que fan os irmáns por moito que a veces se peleen e se digan cousas feas: protexerse un ao outro, e quererse moito, como di Manuela!
Xa me despido, meu pitiño, este fin de semana a ver si facemos Skype, vale? Entrena ben duro e disfruta do que che queda de verán, que non é nada! Déixoche aquí unha canción que escoito sempre porque me recorda moito a ti, a ver si che gusta.
Quérote moito, Noel.
Porque solo tú
haces que llore riendo,
haces que llore riendo,
haces que ría llorando
y me pregunto como algo tan pequeño
puede invadir,
y me pregunto como algo tan pequeño
puede invadir,
la caja de mis recuerdos
los que ya apenas recuerdo si tú no estás en ellos
solo tú.
los que ya apenas recuerdo si tú no estás en ellos
solo tú.
- SÓLO TÚ, PAULA ROJO.
Precioso
ResponderEliminarMoitísimas grazas!
EliminarUn saúdo
Preciosa la carta. Espero que estés disfrutando al máximo de cada uno de tus días allí, muchos besitos guapa y cuidate mucho.
ResponderEliminarMuchísimas gracias, Stef!
EliminarCada día aquí es mejor que el anterior y siempre peor que el siguiente, por mucho que intente explicarlo, es imposible sin vivirlo.
Muchas gracias por el comentario, un beso!
Bonito. Disfruta desa experiencia única q estas a vivir. Saudiños.
ResponderEliminarMoitas grazas, eso intento facer a este lado do charco!
EliminarUn saúdo!